tradición

pandeirada interior
CULTURA

A música tradicional e as mulleres no ciclo “A nosa terra, a nosa cultura”

Arredor do documental “Por que non cantades todas” dirixido por Diana Toucedo artéllase a segunda sesión do ciclo documental “A nosa Terra, a Nosa Cultura” que se desenvolve no Museo Provincial de Lugo. As mulleres e a música tradicional son as protagonistas. 

 

xacarandaina
CULTURA

Romaría e foliada, a aposta polo lecer tradicional de Xacarandaina

Foliada e romaría son as propostas da Asociación Cultural Xacarandina para a fin de semana do 6 ao 7 de xuño na Coruña. A iniciativa chega a súa XV edición como unha aposta por recuperar as festas de noso. 

ares
CULTURA

Sete Varas, fotografar a tradición como naquel tempo

Sete Varas é o novo proxecto do fotógrafo Francisco Ares. O seu obxectivo busca a nosa tradición para fotografala desde hoxe mais como se fora naquel tempo, coa prestancia, o orgullo e a dignidade que merece. 

AF capa 340
AO REDOR DO MUNDO DA GAITA

Un A Fondo sobre a música tradicional

A música tradicional, e en especial o mundo da gaita, centra o caderno de análise do semanario Sermos esta semana, coordinado por Xaneco Tubío, da Asociación de Gaiteiros Galegos, e disponíbel aquí.

XANECO TUBIO 340
XANECO TUBÍO, SECRETARIO DA ASOCIACIÓN DE GAITEIROS GALEGOS

"A música tradicional galega é unha referencia en Europa"

Quen non berrou aquilo de "quero ser gaiteiro"? Galiza ri e chora ao son da gaita, dicía Manuel María. De  música tradicional fálanos Xaneco Tubío, coordenador do A Fondo, que conxuntamente co Sermos Galiza estará nos quiosques esta quinta feira.

Festa do pan
CULTURA

O agro festexa a súa tradición: o pan na Baixa Limia e a castaña no Courel

Os traballos comunais do agro recupéranse con festas no rural. Esta fin de semana, vólvese cocer o pan no forno comunal na adela de Pereira, en Bande, mentres no Courel xúntanse para a pisa da castaña.

CULTURA

Davide Salvado: “Son un produto da tradición”

Davide Salvado é unha explosión musical que non pasou desapercibida ao xurado que selecciona as propostas para Womex. En vinte anos, é o segundo galego en participar na selección oficial, despois de Mercedes Peón. Defínese visceral, salvaxe e tradicional. 

CULTURA

“San Juan is back”: as festas “populares” da Coruña que superan os 600.000 euros

elelelos
Arte imaxe patrimonio

Música de tradición oral do Morrazo: un CD duplo para lle botar uns 'elelelos'

A asociación cultural Retrouso de Cela, fincada en Bueu, xa ten no forno Elelelos, un proxecto de recuperación e divulgación da música de tradición oral de tres parroquias do Morrazo.

Presentación dos Premios da Música
CULTURA

Indie, soul, hip-hop, folque, tradicional... trece categoría para os Premios Galegos da Música

Do indie ao soul, do hip-hop á clásica, do jazz á tradicional, da música de verbena ao metal. Ningún estilo queda á marxe das trece categorías dos Premios Galegos da Música Martín Códax que promove a Asociación de Músicos ao Vivo. Os galardóns entregaranse nunha gala o día 13 de decembro. 

CULTURA

O programa de música tradicional “Alalá” despídese da TVG

Cun capítulo dedicado á Asociación de Gaiteiros Galegos o programa Alalá despídese despois de 210 capítulos dedicados á promoción da nosa música tradicional. 

Ao vivo

''Facemos criba na música tradicional para non perpetuar contravalores agresivos coas mulleres''

O 25 de Xullo a música das Habelas Hainas resoará en Compostela a partir das cinco da tarde, no café concerto do Festigal. Conversamos con elas

O lóxico, o tradicional e o futuro da lingua.

Na Mesa pola Normalización Lingüística atopabámonos cunha denuncia dunha alumna da UNED, universidade pública onde se emprega a modalidade de ensino a distancia, abraiada porque nun dos manuais que tivo que estudar de cara ao exame dunha materia da carreira de xornalismo se recomendara a futur@s traballador@s dos medios de comunicación empregaren topónimos deturpados como *Orense, *Arteijo ou *Puenteareas baseándose en que son as formas tradicionais para designar as vilas de Ourense, Arteixo ou Ponteareas cando se unha expresa en español. De feito, as palabras textuais do manual en cuestión eran tal que “en España, muchos periódicos, cadenas de radio, televisión, etc., no radicados en Galicia utilizan la forma A Coruña, cuando lo lógico (a negriña é miña), en estos casos, es emplear el topónimo tradicional español: La Coruña”.

embarcacións tradicionais
CULTURA

A cultura marítima europea ten cita en augas galegas: O Freixo

O XI Encontro de Embarcacións Tradicionais, que decorrerá do 11 ao 14 deste mes de xullo, reunirá barcos, cultura, historia, festa e unha manchea de actividades no Freixo. Un pequeno porto de Outes onde chegou haber 40 estaleiros

CULTURA

Sada acolle o sábado o seu I Encontro de Embarcacións Tradicionais

Está organizada pola Asociación Cultural Mariñeira Os Patexeiros e a xornada reune navegación,cultura e lecer

CULTURA

aCentral Folque: Tradición, diversidade e contemporaneidade

Mergullámonos na historia desta asociación cultural cun proxecto baseado na divulgación, o ensino, a produción e a investigación

Lancha do xeito (Foto: Nós Diario).
CULTURA

A paixón pola cultura marítima tradicional cumpre 20 marés no mellor lugar posíbel, O Freixo

O XI Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia será no Freixo (Outes) en xullo de 2013 e neste porto cumprirá esta cita os seus 20 anos de existencia. Agárdanse centos de embarcacións, de tripulantes e de visitantes procedentes de diversos países europeos. Proa Sempre!
SOCIAL

Os bispos queren inculcar "o matrimonio tradicional" nas escolas

A Conferencia Episcopal non partilla a resolución do Constitucional sobre unións entre persoas do mesmo sexo e está disposta a se facer ouvir "nas parroquias e nos colexios". Canda o Foro de la Familia revólvese até contra o PP, exixindo que bote embaixo a norma aprobada en 2005 "aínda que sexa formalmente constitucional" ao considerar que non garante que as nenas e os nenos vaian ser educad@s "como esposas e esposos do futuro"
Eleccions2012

Os bispos galegos fanlle a campaña ao PP e chaman a votar ''libremente'' polos antiabortistas

Apelando ao seu ''deber de pastores'' emiten un comunicado en que din non identificarse con ningún partido político. Porén, piden o voto para a dereita

Un curso sobre a crise dos estudos de humanidades e a tradición galeguista á luz de "Nós"

Aínda que a ciencia e a tecnoloxía poden axudar ao progreso humano, só con elas, sen humanidades, sen ética e sen espírito, non pode avanzar unha sociedade; máis aínda, sen elas, a sociedade non ten futuro. Porque a sociedade constrúese con persoas que crean cultura e desenvolven valores, e non só con máquinas.