Javier Milei, o mandatario de extrema dereita arxentino, desencadea un enfrontamento con Colombia, México e Venezuela, ao tempo que a pobreza se dispara no país a consecuencia das súas políticas.
O Tribunal Supremo de Venezuela ratificou esta sexta feira a inhabilitación por 15 anos da candidata de "unidade" da oposición para os comicios presidenciais deste ano, María Corina Machado, xunto á doutros opositores como Henrique Capriles, quen non poderá ocupar cargos públicos ata 2032.
Os territorios nos que reside case a metade da poboación mundial están convocados a votar este ano, cando o pobo estadounidense elixe de forma previsíbel entre Trump ou Biden ou o luso determina se a ultradereita volve ao Goberno medio século despois da fin da ditadura.