viño

Os viñedos están situados na parte baixa do val de Camanzo (Vila de Cruces).
star
Caderno 'Gozar'

De viños para ficarmos sen palabras

En 1982 foi creada polos avós (José Castro Brey e Isabel Pereiro Becerra), actualmente á fronte está a terceira xeración. Adegas Castrobrey é unha adega familiar que desde o ano 2000 está dentro da Denominación de Orixe (DO) Rías Baixas, na subzona do Ulla (unha adega diferente, xa que é a más interior dentro da DO). Está situada a uns 25 km de Santiago de Compostela. Adegas Castrobrey nestes momentos cultiva 8,9 hectáreas, aproximadamente catro con cepas de máis de 50 anos de idade. As variedades son autóctonas: Albariño, Treixadura, Godello e Caíño tinto.
Martiño Santos e Xosé Gontá (Imaxe: Nós Diario)
Caderno 'Gozar'

Viños: Rara Besta axexa

Vai para máis de catro anos que os impulsores do espazo enocultural Vide Vide en Santiago animámonos a lanzar unha marca propia de viños: Rara Besta. Foi a evolución lóxica dunha colaboración con distintos viticultores desde a aparición deste proxecto de divulgación e comercialización de viños galegos de pequenas producións e calidade diferenciada, aló polo 2013. No ánimo estivo favorecer comercialmente a creación de novos viños de pequenas viñas ou variedades de uva minoritarias.
Recollida da uva nunha adega da Ribeira Sacra (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
ECONOMÍA

Galiza fecha unha das mellores colleitas da súa historia

As cinco denominacións de orixe galegas prevén rematar esta semana unha vendima histórica, con preto de 73 quilos de uva recollidos.
Entrada da Adega Entreosrios, en Lesón, na Pobra do Caramiñal. (Foto: Xan-Bautista Cambón)
star
SOCIAL

Adega Entreosrios: Viños con personalidade

Da tradición á busca de novas experiencias.
vvv
star
Viños

Pioneiros e viños de finca

Analizamos dous caldos galegos: un de Betanzos e outro da Ribeira Sacra.

Un vendimador corta acios de uvas no viñedo da adega Algueira da DO Ribeira Sacra.(Carlos Castro / Europa Press)
ECONOMÍA

Desconfianza perante a estratexia da Xunta para as zonas vitivinícolas

Medio Rural, xunto coa Secretaría Xeral de Turismo, presentaron a estratexia de dinamización para as zonas vitivinícolas a realizar entre 2021 e 2026. Entre as máis chamativas está a creación da marca 'Viños da Galiza' e aumentar a superficie de viñedos. Organizacións agrarias como o Sindicato Labrego galego e a asociación Galega de Viticultura (AGV) fan unha primeira valoración para 'Nós Diario'.  
 Noelia Bebelia
Cofundador de Noelia Bebelia

Simón Barcia: "As adegas galegas deben respectar a idiosincrasia da Galiza para crecer e darse a coñecer"

Simón e Noelia son dous viticultores do Concello de Soutomaior e fundadores da adega Noelia Bebelia. Acaban de gañar o Acio de Ouro á Denominación de Orixe Rías Baixas polo seu viño branco. Para eles, o obxectivo era “deseñar a plantación perfecta que exaltase as características da subzona de Soutomaior”. Os seus viños son xa moi recoñecidos en grandes mercados de Madrid e Barcelona, e compiten con  outros albariños galegos por ser o mellor viño.

Julio Mourelle, á dereita, nun evento de Finca Míllara. (Foto: Nós Diario) #viño #adega #juliomourelle #enólogo #fincamíllara
Julio Mourelle é enólogo da Finca Míllara

Julio Mourelle: "Os viños galegos deben ser fieis a si mesmos se queren un espazo internacional"

O viño galego é un dos produtos do país con máis renome internacional. Algunhas adegas, como a Finca Míllara, contan con profesionais recoñecidos do sector. É o caso de Julio Mourelle, quen se sumou á adega hai un par de meses. Mourelle é licenciado en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela, e conta con 25 anos de experiencia como enólogo  en bodegas como Pagos de Marqués de Griñón ou Sterling Vinyards, con localización no Estado de California (EUA).  
Roberto Rivas, presidente da AGV (Nós Diario)
ECONOMÍA

Roberto Rivas: "Volveremos ficar fóra da liña de axudas da PAC"

A Asemblea Xeral da Asociación Galega de Viticultura (AGV) escolleu este ano a sede do Consello Regulador da Denominación de Orixe do Ribeiro, en Ribadavia, para reunirse e tratar sobre o presente e o futuro deste sector. Nós Diario fala co seu presidente, Roberto Rivas, para afondar nos debates actuais que lles preocupan.
Botellas dos viños 'Nesta Ourela' e 'A Costiña'. (Foto: Vide Vide)
star
Viños

Brancellao e branco lexítimo man a man

Analizamos dous caldos galegos: un de uvas cultivadas en Negueira de Muñiz e outro da comarca de Valdeorras.
A enxeñeira agrícola María Balbina Álvarez coas vides do seu pai en Quiroga (Nós Diario).
SOCIAL

María Balbina Álvarez: "Hai de todo, mais ás veces os que non saben nada de viñas son os que mellor as coidan"

María Balbina Álvarez leva oito anos dedicándose a asesorar como sacar o mellor rendemento ás viñas en Quiroga e a súa comarca. O inicio da pandemia coincidiu coa súa entrada na confraría do Viño e pasou a ser a primeira muller na súa historia. Desde esta entidade vixían e controlan a procedencia dos caldos que participan na feira, que este ano terá lugar os días 24 e 25 de xullo.   
Roberto Regal (Imaxe: Nós Diario)
star
SOCIAL

Roberto Regal: "Enonatur nace para facer na Ribeira Sacra viños de calidade"

Roberto Regal (Chantada, 1978) elabora viño de alta calidade e é o director de Enonatur, unha consultoría en plena Ribeira Sacra que naceu en 2008 con tres obxectivos prioritarios: coidar e preservar o medio, fomentar a economía local e impulsar a produción de viños de calidade, pondo a viticultura galega e o país no mapa mundial dos viños e do amor pola terra.
Viñedos dentro da denominación Ribeira Sacra (Foto: Xunta da Galiza).
ECONOMÍA

O sector vitivinícola galego reclama atención da Xunta polo seu carácter estratéxico

Galiza ten no viño e na viticultura un patrimonio cultural e económico do que poucos territorios poden presumir. Porén, a Asociación Galega de Viticultura considera que a Xunta non está a darlle a importancia que merece como sector estratéxico que é. Nesa liña, aposta por empregar os fondos europeos para modernizalo.
Anaco da ánfora romana atopada en Cortegada. (Foto: Consellaría de Medio Ambiente)
MEMORIA E HISTORIA

Aparece na Galiza a primeira ánfora romana fabricada en África, que empregaban para levar viño

Malia que a peza fora recuperada hai moitos anos por un veciño de Carril, o certo é que a mantivo no seu poder até 2014 e non foi até agora cando a colaboración da Universidade de Vigo permitiu identificar o utensilio “con precisión”.

Vendima na Ribeira Sacra, o pasado mes de agosto (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
ECONOMÍA

As cinco denominacións de orixe suman forzas para dar pulo ao sector

A Asemblea Xeral do Viño do Sindicato Labrego Galego acorda crear un grupo de traballo para dinamizar un sector no que as axudas da Xunta son acaparadas por 15 grandes adegas.
xico de mandin-min (1)
star
SOCIAL

Xico de Mandín, o Couto Mixto

O viño que afunde as raíces na tradición do coidado das cepas e da elaboración.
 
2021040913321780861-min (5)
SOCIAL

Os sabores da cociña vasca e a contorna natural da unión do Miño e o Sil nos Peares, no suplemento 'Gozar'

O novo número do caderno Gozar, que atoparás este sábado 10 de abril nos quiosques xunto con Nós Diario, ofrece unha viaxe gorentosa polas sobremesas saudábeis de Media Laranxa mais por algúns dos pratos tradicionais da cociña vasca. A estes sabores únense os do viños de Xico de Mandín, da Denominación de Orixe Monterrei baixo o nome de Couto Mixto. E para alixeirar, un paseo á beira do río Miño até o punto no que o Sil sae ao seu encontro, nos Peares.

 

Unha mostra dos viños da adega (Imaxe: Nós Diario).
star
SOCIAL

Viños: a recuperación dun oficio a piques de desaparecer no Barbanza

Gostas dos viños? Convidámoste a percorrer connosco as Bodegas Calidade Antonio Saborido López para coñecer O Raposo de Xirpín, O Xirpín, O albariño de Xirpín, Orballo rosado, Fasquía, Miúdo e Orballo mencía.
Imaxe dunha das reportaxes do caderno 'Gozar'. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

O 'Gozar' fornece unha saborosa inmersión no Entroido galego

Tamén atoparás as mellores propostas de viños e mesmo os segredos que agocha un novo espazo natural da Galiza. Poder facerte co suplemento de ocio co Nós Diario que estará mañá a venda nos quiosques, librarías e na nosa tenda en liña.
adega panchin
star
Suplemento Gozar

O recoñecemento da vitivinicultura das ribeiras do río Navia, como zona protexida, dá os primeiros pasos.

De viños polas terras do Navia.