![Nós Diario](/media/nosdiario/images/2023/01/10/2023011017211925549.png)
Redacción
16/maio/23 - 13:39
Actualizado: 16/maio/23 - 13:45
A área de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña organiza esta sexta feira un concerto en homenaxe a Zeca Afonso e Rosalía de Castro con motivo da celebración esta semana do Día das Letras Galegas. O evento terá lugar no teatro Colón da cidade herculina. As entradas xa se poden retirar de maneira gratuíta na súa páxina web. Segundo explica o organismo provincial nun comunicado, o grupo Canto D'Aqui contará no escenario coa colaboración de Pedro Jóia e Iria Estévez, nun recital que ten como obxectivo enxalzar a estas dúas figuras da cultura galega. Os actores Isabel Risco e Fran Rei serán os "invitados especiais" a este espectáculo.