![Nós Diario](/media/nosdiario/images/2023/01/10/2023011017211925549.png)
Redacción
07/maio/24 - 17:56
Actualizado: 07/maio/24 - 22:35
24 horas despois de ser confirmado como novo líder do Partido Nacional Escocés (SNP), John Swinney foi elixido a terza feira como novo primeiro ministro de Escocia co apoio das e dos parlamentarios da formación. No seu discurso, incidiu na polarización do lexislativo, aceptando “a miña parte na creación deste ambiente” e comprometéndose a pórlle fin, no que foi a súa primeira intervención como substituto de Humza Yousaf.