![Nós Diario](/media/nosdiario/images/2023/01/10/2023011017211925549.png)
Redacción
19/dec./23 - 08:34
Actualizado: 19/dec./23 - 08:34
O PSOE de Ourense solicitou información sobre os vehículos empregados polo alcalde da cidade ourensá, Gonzalo Pérez Xácome, e sobre por que cambiou de coche. No escrito desta solicitude, asinado pola portavoz municipal dos socialistas, Natalia González, pídese información sobre o anterior vehículo de Xácome -un Peugeot 208 cor mostaza- e sobre o novo utilitario de cor branca que, segundo apunta, estaciona no lugar reservado para Alcaldía. Así mesmo, solicita explicacións sobre "por que se cambiou de coche" e se se trata de vehículos comprados ou alugados en forma de renting, así como os seus correspondentes contratos.