A triatleta Susana Rodríguez recolle o Premio Nacional do Deporte
A triatleta galega Susana Rodríguez Gacio recibiu no Pazo do Pardo, en Madrid, a distinción de 'Premio Nacional do Deporte' na categoría de 'Mellor Deportista Feminina'. "Este é un día moi especial para min; estou moi honrada por este recoñecemento, porque é a primeira vez que se concede a unha deportista con discapacidade", indicou a campioa paralímpica nos Xogos de Toquio 2020, engadindo que após "seguir estes premios durante moitos anos" chegara a pensar "que eran unha porta que nunca se ía abrir por moito que fixese, pero é certo iso de que todo chega". Ademais, a viguesa de 36 anos reivindicou, ao mesmo tempo que agradecía ao xurado, "que valorasen" os seus resultados "como se fosen dunha atleta sen discapacidade", porque, apostilou, "así ten que ser".
photo_camera A galega, conversando co tenista Carlos Alcaraz no Pazo do Pardo. (Foto: Europa Press),