16/feb./24 - 09:26
Actualizado: 16/feb./24 - 09:28
A xustiza polaca prolonga a prisión de Pablo González por oitava vez
Pablo González permanece encarcerado tras a súa detención en Polonia o 28 de febreiro de 2022. O xornalista vasco, que posúe a dobre nacionalidade española e rusa, está acusado de ser espía ruso mentres informaba sobre a chegada de refuxiados ucraínos a territorio polaco tras o estalido da guerra. Primeiro, foi detido durante un mes nunha prisión de Rzeszów e despois trasladado a outra prisión de Radom. Alí estivo encarcerado nunha cela de máxima seguridade en illamento até hoxe.
![O xornalista vasco Pablo González. (Foto: Reporteiros Sen Fronteiras)](/asset/thumbnail,1280,720,center,center/media/nosdiario/images/2023/02/27/2023022717364577220.jpg)