As xuventudes socialistas galegas cualifican Feixoo de "bomba de reloxaría" co colectivo LGBT

As Xuventudes Socialistas da Galiza (XSG) acusaron o presidente do PP, Alberto Núñez Feixoo, de ser "unha bomba de reloxaría" para o colectivo LGBTI, "as familias diversas e a liberdade e dereitos das persoas". Na presentación da campaña do Orgullo, o secretario xeral das mocidades socialistas galegas, Xurxo Doval, asegurou que Feixoo estaría disposto a derrogar "até a liberdade sexual, só ou acompañado". "Galiza xa é un exemplo de silencio e complicidade co odio ante a pasividade dunha Xunta gris, a cal dedica unha minucia do seu orzamento ao colectivo", censurou.

Campaña do orgullo das xuventudes socialistas (Foto: Xuventudas Socialistas de Galicia).
photo_camera Campaña do orgullo das xuventudes socialistas (Foto: Xuventudas Socialistas de Galicia).
Comentarios