O estudo “O gasto en Cultura e Ocio en España 2013” que fixo público o Strategic Research Center con datos do Instituto Nacional de Estatística sitúa unha caída do gasto en cultura dun 12% entre os anos 2008 e 2011.
O estudo recolle que despois das extremeñas, as galegas son as familias que menos gastan en cultura de todo o Estado, con 1.539 euros ao ano, a só doce euros da fin da listaxe e case mil por baixo de Madrid, que é a comunidade con máis gasto en cultura anual con 2.459.
Baleares con 15.80 euros ao ano, Castilla-La Mancha con 1.606 e Andalucía con 1.623 continúan a listaxe despois de Galiza para chegar á cabeza con, após Madrid, Navarra -2.239- Catalunya -2.160- e La Rioja cun gasto anual por familia de 1.981 euros.