Bergondo lembra a Johán Vicente Viqueira no centenario da súa morte

As asociacións culturais homenaxean o autor.
Ofrenda floral depositada no monumento a Viqueira. (Foto: Nós Diario)
photo_camera Ofrenda floral depositada no monumento a Viqueira. (Foto: Nós Diario)

Para conmemorar o centenario do pasamento de Johán Vicente Viqueira, as asociacións culturais Eira Vella de Betanzos, Roxín Roxal de Paderne e Irmáns Suárez Picallo de Sada, organizaron onte no cemiterio Ouces, en Bergondo, unha ofrenda floral ofrenda floral e pola tarde, un acto público de homenaxe no que se deu lectura a textos escolmados do pensamento e a obra do autor acompañada de actuacións musicais .

Militante desde moi novo nas Irmandades da Fala, as concepcións teóricas de Viqueira estiveron marcadas decisivamente polo krausismo e o positivismo e supuxeron un forte contraste coa liña máis conservadora do nacionalismo galego inspirada por Vicente Risco.

Colaborou asiduamente con A Nosa Terra onde defendeu, entre outras cuestións, a modernización e galeguización do ensino na Galiza, a conciliación entre nacionalismo e socialismo e o achegamento progresivo da ortografía galega á portuguesa. 

A Real Academia Galega consagrou o Día das Letras Galegas do ano 1974 na honra do que, puido ser o primeiro gran filósofo galego moderno.

Máis en CULTURA
Comentarios