Fernando Vázquez, hospitalizado pero fóra de perigo tras un infarto

O adestrador galego, de 69 anos de idade, estaba facendo exercicio.
Fernando Vázquez,  durante a súa etapa como adestrador do Deportivo (Foto: EP).
photo_camera Fernando Vázquez, durante a súa etapa como adestrador do Deportivo (Foto: EP).

Gran susto no seo do fútbol galego. Fernando Vázquez, un dos preparadores máis recoñecidos do país, sufriu un infarto mentres practicaba exercicio no seu domicilio de Santiago de Compostela e polo cal tivo que ser intervido de urxencia no Hospital Clínico Universitario da capital galega, mais xa está fóra de perigo.

Aos seus 69 anos, o técnico de Castrofeito permanece afastado do fútbol desde a súa destitución como adestrador do Real Club Deportivo da Coruña en xaneiro de 2021. Antes, pasou polas filas de distintos clubs da Galiza como Lalín, Rácing de Ferrol, Lugo e Compostela, onde recibiu a súa gran oportunidade para dirixir na Primeira División na tempada 1995/96.

Tras rematar unha etapa que rematou coa perda de categoría do club en 1998, Vázquez iniciou unha peregrinación por conxuntos da máxima categoría ou da Segunda División, como Oviedo, Mallorca, Betis, As Palmas, Raio Vallecano ou Valladolid. 

En 2004 asinou polo Real Club Celta de Vigo, ao que ascendeu a Primeira no seu primeiro exercicio e clasificou para Europa no segundo, mais os malos resultados custáronlle o cargo na terceira.

Entre medias (2005-2008) tornou, facendo equipo xunto con Arsenio Iglesias, no seleccionador galego durante o agardado regreso da Irmandiña logo de décadas de ausencia.

Desde entón, o Mallorca (2015-2017) e o Real Club Deportivo en dúas etapas (2012/13-2013/14 e 2019/20-2020/21) foron as únicas escuadras que tiveron á súa fronte a Fernando Vázquez.

O Celta xa sabe cando estreará a nova Liga

A formación olívica coñeceu o día e a hora exacta na que estreará o campionato ligueiro. Será, concretamente, en Balaídos ás 19 horas do próximo 16 de agosto, sexta feira. 

Comentarios