Augusto César Lendoiro compareceu no Playa Club para facer unha valoración do informe concursal do club que preside desde hai un cuarto de século, 25 anos, o Deportivo da Coruña. Lendoiro defendeu que o Depor “é viábel”, incidindo en que até os propios administradores concursais constatan iso no informe,e en que “ten futuro, goste ou non a La Voz de Galicia”.
Non foi esta a única referencia ao xornal coruñés, que mantén unha guerra aberta co presidente deportivista, antano aliados. Lendoiro quixo deixar claro que no club “ninguén se levou un euro. E ninguén ousa dicir iso. Nin sequer La Voz de Galicia”.
"Cando tiñamos 5.000 socios, para toda España eramos o Coruña. Agora somos para todo o mundo o Deportivo. E esa marca vale cartos"
Non ao ERE
Lendoiro lembrou que as empresas do Depor dan emprego a 250 persoas, e que todas elas cobran puntualmente. Aliás, afirmou que non pensa facer ningún expediente de regulación de emprego (ERE). Tamén lamentou que desde certos sectores e medio “se estivese a xogar con eses 250 empregos,e máis nestes tempos”.
Outra frase do presidente do Depor na roda de prensa: "Cando tiñamos 5.000 socios, para toda España eramos o Coruña. Agora somos para todo o mundo o Deportivo. E esa marca vale cartos".
Salario
Outra cuestión á que fixo referenza Lendoiro foi ao seu salario e doutros directivos do club. Neste senso, destacou que eles non cobraran nin un euro esta tempada. E que el propio só teria percibido "o 5%".