Acordo histórico entre Irán e as potencias occidentais sobre o programa nuclear de Teherán

Teherán fala de "triunfo da diplomacia" e di que se abre "un novo tempo" nas relacións internacionais. Israel e Arabia Saudí critican con dureza calquera acordo con Irán.

Irán acordo nuclear

As seis potencias do grupo P5+1 (Estados Unidos, Reino Unido, Francia, Alemaña, Rusia e China) e Irán atinxiron un acordo "completo" sobre o programa nuclear da república islámica após 18 días de negociación e máis de dous anos de contactos. A axencia Reuters deu por feitro o acordo, co que se solucionaron as pequenas diferenzas que ficaban por solventar, o que implicaría o levantamento das sancións a Irán. "O traballo duro deu os seus froitos e selouse o acordo. Deus bendiga o nosos pobo", manifestou o diplomático iraniano citado por Reuters. Tamén a axencia rusa Tass confirmou que se chegara a un acordo "en todos os aspectos".

O acordo procura que Irán non desenvolve a bomba atómica a cambio do levantamento das sancións. A república islámica poderá seguir con proxectos 'nucleares' de carácter pacífico. Posibelmente as últimas disensións fosen sobre as reglas das inspeccións internacionais dos sitios militares de Irán eventualmente 'sospeitosos' de acoller actividades nucleares non pacíficas.

Israel e Arabia Saudí, unidos contra o acordo

A sinatura dun acordo pon fin a máis dunha década de diferenzas entre as potencias occidentais e a república islámica, que sempre negou que o seu programa nuclear tivese outra fin que non fose a produción de enerxía e a investigación médica e científica. No entanto, o Teherán recusou sempre a prestar informacións concretas sobre as suas actividades ou a facilitar o acceso de inspectores internacionais ás unidades nucleares.

No palco internacional, 2 vozes disonantes teñen criticado a diplomacia con Irán e a sinatura do acordo sobre o seu programa nuclear: Israel e Arabia Saudita, que ven en Irán unha ameaza “existencial” maior e mais difícil de conter do que o Estado Islámico, argumentan que a sua seguranza depende da suspensión total da actividade atómica iraniana.

Comentarios