Non só se reducirá emprego: tamén haberá unha rebaixa salarial, na contorna do 7,5 %. A empresa tenciona reducir o orzamento nun 17 por cento. A parte do león da factura correrá por conta do cuadro de persoal.
A Corporación anuncia aínda cortes nos salarios dos directivos, mas non os concretiza.
Os executivos da CCMA embolsan arredor de 10 millóns de euros ao ano, segundo dados da propria compañía. Fontes sindicais elevan a cifra aos 20 millóns de euros, se se computar as percepcións de directivos non suxeitos a convenio.