Co HT #RajoynoContesta milleiros de comentarios e opinións están a asulagar twitter e as redes sociais. A decisión do presidente do goberno español de non admitir preguntas dos xornalistas na súa comparecencia, alén de esquivar na súa intervención o espiñento do caso Bárcenas, xerou toda unha ringleira de chíos. Moitos deles coincidinco en que en vez de Mariano Rajoy, a comparecencia tiña que ser protagonizada por Aitor Karanka, segundo do adestrador do Real Madrid Jose Mourinho. O basco comparece ante os medios cando o portugués ou non quere falar ou opta por dar esquinazo aos xornalistas. De aí a comparativa.
O HT #RajoynoContesta tamén está a usarse para pedir a demisión do presidente español, para alén de reclamar medidasxudiciais contra o PP ou ben denunciar as consecuecias das medidas adoptadas polo goberno presidido por Rajoy. Son, en poucas horas, milleiros e milleiros de chíos os que están nas redes sociais co este HT.