Assange anuncia que abandonará ‘’axiña’’ a embaixada onde leva recluído 2 anos

O fundador de Wikileaks compareceu en conferencia de imprensa na propia embaixada de Ecuador en Londres para dar a nova e advirte: “Non saio polas razóns que todos imaxinan”.

assange

Julian Assange leva desde xuño de 2012 refuxiado na embaixada de Ecuador en Londres. Máis de dous anos. O fundador de Wikileaks compareceu en conferencia de imprensa na propia embaixada este 18 de agosto para anunciar que sairá "axiña" do edificio. Mais non concretou cando será ese “axiña” nin por que. Iso si, Assange afirmou que non abandona a embaixada “polas razóns que todos imaxinan”. Nos últimos días desde diferentes medios barallábase que Assange precisaba de atención médica especializada. El propio recoñeceu que estes meses afectáranlle na saúde.

Ricardo Patiño, ministro de Asuntos Exteriores de Ecuador, acompañou Julian Assange na súa comparecencia. O de Wikileaks denunciou que durante estes anos non se lle imputou ningún cargo nin por Suecia nin Reino Unido e que se está a vivir un recorte de liberdades que é preocupante.

Patiño afirmou que “é hora de liberar Julian Assange”, engadindo que son “dous anos de incertidume” nos que “non houbo xustiza para ninguén”.

Comentarios