Gerry Adams, quen fora durante 35 anos presidente do Sinn Féin, saiu ileso dun ataque con artefactos incendiarios contra a súa morada. "Estamos todos ben. Ninguén resulou ferido, grazas por todas as mensaxes e grazas a todos os nosos marabillosos veciños, a garda do barrio e os representantes do Sinn Féin, que axiña chegaron" esribiu nas redes sociais após se coñecer o ataque.
Non foi o único ataque en Irlanda do Norte nas últimas horas contra líderes do republicanismo. Tamén houbo un ataque contra a casa de Bobby Storey, dirixente republicano irlandés que estivo preso pola súa pertenza ao IRA.
Gerry Adams speaking about attack on his home https://t.co/vCztu9ONKw
— Gerry Adams (@GerryAdamsSF) 14 de xullo de 2018
Os ataques decorreron despois de que ao longo desta semana houbese enfrontamentos coas forzas de seguridade e ataques, nomadamente en Derry, con motivo do acordo de paz, do que se fan 20 anos.
A respecto da autoría dos ataques contra os líderes republicanos irlandeses, estase intentando determinar a autoría e identificar os responsábeis. Unha liña apontaría a extremistas unionistas mais tamén se estuda a de republicanos que consideran o Sinn Féin un "traidor".