Crise de goberno en Francia: demisión en bloque do executivo de Manuel Valls

As discrepancias internas sobre as políticas de recortes e austeridade están no cerne da renuncia, que chega nos momentos de máis baixa popularidade do primeiro ministro galo.

valls

O primeiro ministro francés, Manuel Valls, presentou esta segunda feira a demisión do seu goberno ao presidente da República, François Hollande, que lle encarregou a formación dun novo executivo. A composición do novo goberno será anunciada esta terza feira, segundo o Elíseo.

A demisión chega após unha fin de semana de críticas por parte dos ministros de Economía e de Educación ás políticas de recortes e de austeridade impulsadas por Manuel Valls. Unhas críticas que, segundo medios franceses, veñen poñer de relevo o malestar que existía no executivo galego en torno a esas políticas.

Mentres a figura de Valls derrúbase nas sondaxes de opinión e valoración, estes ministros criticaban o que entenden que é un “seguidismo” das receitas impostas por Alemaña.

Comentarios