Detido o alcalde de Caracas, a quen Maduro vencella con ‘’plans golpistas contra Venezuela’’

O goberno venezolano di que Antonio Ledezma vai ser procesado pola xustiza por ‘fraguar golpismo’. A oposición fala de ‘secuestro’.

Manifestante portando cartaz contra Nicolás Maduro
photo_camera Manifestante portando cartaz contra Nicolás Maduro

Axentes do Sebin (Sistema Bolivariano de Intelixencia) detiveron esta quinta feira a Antonio Ledezma, alcalde metropolitano de Caracas, por estar relacionado con plans para un golpe de estado en Venezuela, segundo o goberno do país.

Diosdado Cabello, presidente da Asemblea Nacional,afirma que  Ledezma e deputados opositores deseñaron un plan no que se incluía a eliminación de dirixentes bolivarianos, Nicolás Maduro enmarcou a detención na operación para desmantelar as intentonas golpistas da “ultra-dereita” e que conta con financiamento de funcionarios de Estados Unidos. Maduro mesmo afirmou que “Madrid, Bogotá e Miami” son centros “para conspirar contra o noso país”.

De por parte, a oposición exixíu a posta en liberdade inmediata de Ledezma e aproveitou a detención do alcalde para ser posto a disposición xudicial para asegurar que no país vívese “nunha ditadura comunista”.

Ledezma, de 60 anos, comezou a súa carreira política en 1973 da man de Acción Democrática. É, para Telesur, “a parte máis visíbel do patrimonio político do ex-presidente Carlos Andrés Pérez”. Tamén se lle vencella coa coñecida como ‘Masacre del Caracazo’, pois presuntamente tería ordenado á policía disparar contra as miles de persoas que protestaban polo alto custo da vida.

Comentarios