O día en que Groenlandia decidiu en referendo abandonar a Comunidade Europea

En 1985 o país saíu da CEE, onde ingresara en 1973 da man de Dinamarca, por entender que as políticas de Bruxelas eran lesivas para os seus sectores estratéxicos, como a pesca. Unha decisión que no seu día nada gostou en instancias comunitarias

Barrio, de Nuuk, capital de Groenlandia
photo_camera Barrio de Nuuk, capital de Groenlandia

O referendo que Grecia realiza o domingo sobre o acordo proposto ao país polas institucións sitúa como un dos horizontes probábeis a saída helena do euro. Mesmo hai quen fala dunha Grecia -de gañar o voto do non nesa consulta- cun pé fóra da Unión Europea. Non sería a primeira vez que se dá un escenario así, se ben en circunstancias diferentes. En 1982, os groenlandeses decidiron mediante referendo saírse da Comunidade Económica Europea (CEE). Unha resolución que colleu a contra-pé a Bruxelas, que se enfrontaba por vez primeira á ‘desadhesión’ dun dos seus territorios.

Groenlandia entrou na Comunidade europea en 1973 da man de Dinamarca, reino do cal a illa era unha simple provincia. E entrou malia que a maioría das e dos groenlandeses estaban en contra de facelo. Tamén estaba en contra de entrar na CE outro territorio baixo soberanía dinamarquesa, as illas Feroe. O particular status de auto-goberno que posuía naquela altura permitiulle ficar fóra da institución europea, precisamente o que non puido facer Groenlandia por ser unha simple rexión do Reino de Dinamarca.

En marzo de 1984 asinouse o ‘tratado de desadhesión’, o primeiro na historia da unión europea. Un tratado que foi ratificado nos parlamentos nacionais dos 10 estados membros naquela altura da CE.

Mais en 1979 Groenlandia logrou un estatuto de auto-goberno, unha demanda histórica dos nacionalistas, que vían esa etapa como un paso máis na andaina cara á independencia. Os nacionalistas non querían seguir na Comunidade europea, organismo cos que os groenlandeses apenas tiñan ligazón cultural ou económica, e do que entendían que non tiña nin interese nin sensibilidade para entender os problemas específicos dun territorio como Groenlandia. A maiores, a lexislación comunitaria en pesca (actividade que supuña o 40% do seu PIB) era moi lesiva para os intereses deste sector, o que tamén acontecía coa lexislación no eido da caza.

O referendo

O 23 de febreiro de 1982 decorreu o referendo solicitado polo ‘Lansddtyre’ (goberno local) para que os 60.000 habitantes de Groenlandia decidisen sobre a continuidade ou non do país na CE. Era unha consulta de carácter non vinculante mais a vitoria dos partidarios de marchar da Comunidade europea (52% dos votos fronte aos 46% partidarios de seguir) foi aceptada polo executivo dinamarqués, que por boca da súa ministra de asuntos para Groenladia dixo que se ía “respectar a vontade do pobo”. Por primeira vez na historia da comunidade europea un país decidía abandonala.

Os groenlandeses apenas tiñan ligazón cultural e económica con Europea. Consideraban que a CEE non tiña nin interese nin sensibilidade para entender os problemas específicos dun territorio como Groenlandia. A lesiva política pesqueira imposta por Bruxelas a un país onde a pesca era o 40% do seu PIB puxo o ramo

A desconexión

En Bruxelas a decisión non sentou ben. Un seu portavoz dixo nos días seguintes que a CEE “toma nota lamentabelmente” da decisión dos groenlandeses. A illa era un territorio estratéxico -algo que os EUA sabían ben e os chineses agora tamén- e con grandes recursos naturais por explotar.

En marzo de 1984 asinouse o ‘tratado de desadhesión’, o primeiro na historia da unión europea. Un tratado que foi ratificado nos parlamentos nacionais dos 10 estados membros naquela altura da CE. A previsión era que o 1 de xaneiro de 1985 Groenlandia saíse oficialmente da comunidade europea. Mais fíxoo o 1 de febreiro: o Parlamento irlandés “esqueceuse” de ratificar o tratado, de aí o retraso dun mes.

En 2008 Groenlandia realizou un novo referendo, desta volta sobre o auto-goberno, no que un 75% do censo optou por maiores cotas de autonomía e decisión a respecto do Reino de Dinamarca.

A diferencia das Illa Feroe, Groenlandia forma parte dos territorios de ultramar da Unión Europea, o que lle permite ter acceso a determinados fondos. Mantén acordos coa UE en diferentes campos e segundo expertos nese país como o francés Damien Degeorges, as novas xeracións son máis favorábeis a aumantar as relacións coa Unión Europea.

Comentarios