Dimite o presidente do Consello Europeo de Investigación pola xestión da pandemia pola UE
O investigador Mauro Ferrari, presidente do Consello Europeo de Investigación (European Research Council ou ERC), vén de presentar a súa dimisión e renunciar ao seu cargo, ao que accedera o 1 de xaneiro, polo seu desacordo coa xestión da UE para facer fronte á crise da COVID-19.