Declaracións de Puigdemont

DIRECTO: "A investidura ideal é a presencial, porén hai máis opcións"

Era o lugar en que estaba previsto que se entrevistasen Roger Torrent e Carles Puigdemont para tratar a sesión de investidura como president do líder de JxCat. O Estado tomou a embaixada catalá na capital comunitaria en aplicación do 155. Con todo, a entrevista realizouse igual, cun cambio de escenario: a sede da Alianza Libre Europea.

reunon
photo_camera Foto da reunión Torrent-Puigdemont
 Actualizar
15:56

Puigdemont non deixa claro ao president do Parlament se vai estar presente na sesión de investidura. En declaracións á imprensa, o candidato de JxCat á presidencia do Govern afirma que "a investidura ideal é a investidura presencial, porén hai máis opcións".

12:54 A entrevista Torrent-Puigdemont realizouse finalmente na sede da Alianza Libre Europea.
12:30 Non haberá reunión Puigdemont-Torrent na sede da Generalitat porque o Estado decretou o fechamento das súas instalacións até "nova orde". O persoal desta sorte de embaixada catalá na capital comunitaria recebeu un burofax con indicación de que marchasen para casa. No escrito, comunicado através da legación española en Bruxelas, afírmase que a sede da Generalitat está baixo "tutela" de Madrid.
10:38 Efectivos da Garda Civil entran nas sedes da Assemblea Nacional Catalana e de Ómnium Cultural. Fano por orde do xuíz Llarena e no cadro da causa por rebelión e sedición contra os Jordis.
10:37 Xa hai día para o pleno de investidura. Será a próxima terza feira, 30 de xaneiro. O único candidato sobre a mesa é Puigdemont. A incógnita é se estará presente fisicamente no Parlament ou apresentará a súa candidatura a distancia.
9:40 O dispositivo policial para evitar a entrada de Puigdemont en territorio de xurisdisción española vai ser especialmente numeroso en Girona, con por volta de 100 gardas civís, segundo fontes consultadas pola SER. Vaise reforzar tamén a vixilancia arredor do Parlament, visando que o líder do JxCat non se infiltre de incógnito.
9:00

Roger Torrent viaxa a Bruxelas para, na delegación da Generalitat na capital comunitaria, manter unha entrevista con Puigdemont na súa calidade de candidato da maioría independentista á presidencia do Govern. O titular da Cámara catalá esclareceu que o desprazamento corre do seu peto, após a oposición criticar que se fose empregar diñeiro en financiar un encontro cunha persoa fuxida da xustiza española.

Comentarios