Unha empresa alemá faise con 14 aeroportos gregos privatizados polo goberno

Fraport paga 1.230 millóns de euros por se facer con estas terminais privatizadas polo executivo de Syriza. Entre elas, aeroportos nas emblemáticas illas de Creta e Mykonos.

aeroporto grecia

O Goberno grego aprobou esta terza feira a concesión de 14 aeroportos á empresa xermana Fraport, segundo informa Euronews. O Boletín oficial do estado heleno sinala que a firma Fraport paga a Grecia 1.230 millóns de euros para se facer con estes aeroportos durante os vindeiros 40 anos. Un dos socios maioritarios desta firma é o lander de Hesse.

Terminais de importancia como as de Salónica, Corfú no Xónico, Canea e Cefalonia na illa de Creta, ou as turísticas illas de Santorini e Mykonos no Exeo, serán agora propiedade de Fraport, que se compromete a investir máis de 1400 millóns durante as vindeiras catro décadas.

Unha vez aprobado o terceiro resgate a Grecia, o goberno de Syriza veuse na obriga de transferir activos estatais a un fondo de privatización por valor de 50.000 millóns de euros a fin de pagar así parte da súa débeda.




 

Comentarios