Vox dá até por feito que Ciudadanos pida expresamente o voto para a súa candidatura a presidir a Asemblea madrileña, dixo a súa portavoz, a ultra Rocío Monasterio, en declaracións á COPE.
En realidade, e contra o afirmado pola escadra laranxa desde o 26M, Cs xa sentou na mesa negociadora con Vox. Aconteceu o pasado domingo e os interlocutores foron Ignacio Aguado, o ex PP fichado por Rivera, e a propia Monasterio.
O acordo alcanzado esta terza feira foi confirmado polo secretario xeral do PP, Teodoro García Egea, quen explicou que o pacto se estende tamén á asemblea parlamentar de Murcia.
Vox, avanzou García Egea, terá representación nas mesas quer da asemblea madrileña quer da murciana.