Fondo de 25 millóns de dólares para a inmersión nas linguas nativas de EUA

Senadores demócratas dos estados de Hawai, Montana, Dakota do Norte e Novo México presentaron un proxecto para preservar os idiomas en risco de extinción, como o 'olelo' (Hawai).

Escola de inmersión en 'olelo'
photo_camera Escola de inmersión en 'olelo'

Un total de 25 millóns de dólares -por volta de 22,2 millóns de euros- para apoiar e promover programas de inmersión lingüística en idiomas nativos americanos. Esa é a intención do proxecto presentado por cinco senadores do Partido Demócrata e cunha duración de 5 anos. Brian Schatz (Hawaii), Jon Tester (Montana), Mark Heinrich (New Mexico), Heidi Heitkamp (North Dakota) e Tom Udall (New Mexico) impulsan esta iniciativa, que queren que sexa lei, para preservar os idiomas nativos en risco de extinción, segundo informa nacions,blogspot.

Na actualidade a inmersión aplícase en Hawai e Montana, sobre todo no primeiro estado, onde se procura reverter o preocupante retroceso da lingua ‘olelo’. En Hawai hai 4 escolas públicas e 30 privadas onde se desenvolver a inmersión lingüística. Segundo o censo de 2010 o número de falantes de olelo neste arquipélago é de 16.000 persoas.

Cómpre lembrar que até 1987 estivo vixente unha lei norte-amerocana de 1896 que prohibía o ensino da lingua hawaiana nas escolas públicas.

Comentarios