Gales: Plaid Cymru prepara folla de rota fronte á ''16 anos perdidos de autonomía''

O partido independentista lanza unha consulta nacional coa vista posta nas eleccións de 2016. As enquisas apontan a que podería ser segunda forza, co 20% dos sufraxios.

gales

Plaid Cymru quenta motores de cara ás eleccións que Gales (Cymru) realizará o 5 de maio de 2016 para escoller as e os deputadas da súa Asemblea lexislativa. Unha cita á que o partido independentista vai concorrer cunha “folla de rota” na que prime a defensa dun auto-goberno como paso previo a camiñar cara á independencia mais, sobre todo, cun programa centrado na defensa do emprego e a sanidade e ducación públicas.

Segundo informa 'Nationalia', a folla de rota do Plaid Cymru procura facer fonte ao que cualifica de “16 anos perdidos de autonomía para Gales”. Nos comicios de 2011 o partido independentista lograra 11 escanos dun total de 60, gañando os laboristas as eleccións ao obter 30 escanos.

Mais as enquisas dan un aumento do Plaid Cymru para a cita de maio, onde podería obter por volta do 20% dos votos e pasaría desputar o segundo posto ao Partido Conservador. Os inquéritos apontan unha nova vitoria laborista (23-35% dos sufraxios) e unha importante irrupción do dereitista UKIP, entre o 11 e o 15% dos votos.


 

Comentarios