O goberno español dá o primeiro paso para impugnar tamén o novo 9N

Soraya Sáenz de Santamaría acusa a Generalitat de substituír un proceso “anti-democrático” por outro “aínda máis anti-democrático”.

Fernández-Díaz-y-Soraya-Saénz-de-Santamaría-Foto-Moncloa

O goberno español parece disposto a que en Catalunya non haxa ningún tipo de consulta á cidadanía sobre o seu futuro. Nin consulta formal, nin referendo alternativo nin calqueira mínimo paso para poñer as urnas e que as e os cataláns voten. Deixouno claro esta sexta feira Soraya Sáenz, vice-presidente española, que anunciou que o novo 9N estaba en mans da Avogacía de Estado. O propio Mariano Rajoy afirmou desde Bruxelas que ese referendo alternativo “non se vai realizar”.

Para a vice-presidenta Artur Mas está a manobrar para trasladar a responsabilidade da consulta á cidadanía. Soraya considera que se o primeiro 9N era “anti-democrático” (e por iso foi recorrido perante o Tribunal Constitucional), o novo 9N é “aínda máis anti-democrático”.

O Pacte Nacional pel Dret a Decidir comprometeuse a unha gran mobilización para o 9 de novembro, Este foi o principal acordo atinxido na reunión entre os e as integrantes da plataforma.

Comentarios