O líder de Podemos considerou verosímil adiantar as eleccións xerais antes das municipais de maio de 2019 após sinalar a dificultade do Goberno de manterse sen ter aprobados os Presupostos Xerais do Estado.
Nunha entrevista en Catalunya Ràdio, Iglesias asegurou que “sería o máis sensato [refírese ao adianto electoral] dado que o Executivo de Pedro Sánchez non ten estabilidade e conta con menos deputados [84] dos que tivo nunca ningún Goberno”.
Por outra banda, o PSC, para superar a crise catalana, suxeriu recentemente a apertura dun proceso que conduza á reforma da Constitución Española, así coma a elaboración dun novo Estatuto de Cataluña.
Iglesias afirmou na entrevista que “un novo Estatuto de Cataluña é unha pantalla superada”.
Estas declaracións son de especial relevancia dado que a formación morada é o principal apoio parlamentario do Goberno socialista.