Un imperdíbel, símbolo contra Trump

Levar na lapela este obxecto convertiuse no protesto silencioso, após a vitoria de Trump, que se está a estender nunha parte da sociedade estadounidense contra o racismo e a homofobia

Cw7afxXVIAATxe6

Un simple imperdíbel na lapela. É #safetypin, o protesto silencioso que se está a estender en sectores da sociedade estadounidense para protestar de forma silenciosa contra o racismo, a xenofobia e calquera discriminación contra minorías étnicas ou de diversidade sexual. A vitoria de Donald Trump provocou que EUA importase este singular protesto, que naceu no Reino Unido após o triunfo do Brexit e o aumento dos ataques e delitos racistas nese país.

A vitoria do magnate xerou manifestacións e protestos nas rúas de varias cidades de Estados Unidos. O relevo cólleo agora este protesto (un imperdíbel na lapela) silencioso e individual “contra o medo”, como o definen os seus valedores.

O #safetypin xa se fixo viral nas redes e ao movemento xa se sumaron actores e músicos, así como miles de cidadáns de a pé. “You are safe with me. I stand beside you” é o lema que, manteñen os que levan o imperdíbel, queren transmitir ás minorías con este aceno.

Comentarios