Unha nova vaga de mobilizacións en solidariedade co pobo palestino percorrerá a próxima segunda feira, día 11 de decembro, a Galiza.
A convocatoria chega desde Mar de Lumes, Galiza con Palestina, BDS e a asociación galaico-árabe Jenin, dado que "Israel continúa o xenocidio co obxectivo xa declarado de anexar Gaza de maneira definitiva".
"Este crime contra Palestina e a humanidade non pode ficar impune", explica a organización, engadindo que por iso "seguirán as mobilizacións" baixo o lema "Do río ao mar, Palestina vencerá",
Polo momento, os convocantes informan de que até o momento son 28 as localidades que se uniron á convocatoria.
Baixo estas líneas, a relación íntegra das manifestacións.
Lugar e hora:
A Coruña, 20, Obelisco
A Estrada, 20, Praza do Mercado
A Guarda, 20, Praza Avelino VIcente
Allariz, 20, A Barreira
Barco de Valdeorras, 20, Praza do Concello
Betanzos, 20, Cantón de Claudino Pita
Burela, 20, Praza do Concello
Cangas, 20, Praza do Concello
Carballo, 20, Praza do Concello
Cee, 20, Praza Concha Branco
Compostela, 20, Praza do Toural
Ferrol, 20, Praza do Concello
Lalín, 21, Praza da Igrexa
Lugo, 20.30, diante do Concello
Monforte, 20, Praza de España
Noia, 20.30, diante do Concello
Ourense, 20, Subdelegación de Defensa
Ponteareas, 20, diante do Concello
Pontedeume, 20, Praza do Concello
Pontevedra, 20, Praza da Peregrina
Redondela, 20, Praza do Concello,
Ribeira, 20, Praza do Concello
Val Miñor, 20, Cruce da Ramallosa
Verín, 20.30, Praza do Concello
Vigo, 20, Farola de Urzaiz
Vilagarcía, 20, Praza de Galicia
Vilar de Barrio, 19.30, Praza do Toural
Viveiro, 20, Praza Maior