As forzas armadas israelitas (IDF nas súas siglas en inglés) anunciaron na noite de onte (23 de novembro) através da súa conta oficial na rede social Twitter, o lanzamento de mísis contra a Faixa de Gaza.
In response to rocket launched at southern Israel this morning, IAF targeted a Hamas post in the Gaza Strip.
— IDF (@IDFSpokesperson) noviembre 23, 2015
Segundo a información difundida polo Estado de Israel tratouse dunha "mensaxe" dirixida a Hamás após atribuírenlle á organización palestiniana o lanzamento dun foguete que tería caído perto da fronteira entre Gaza e o territorio ocupado.
Segundo a axencia palestiniana de noticias Paltimes, os avións de combate israelitas lanzaron un mísil contra as Brigadas Qassam, a organización armada de Hamás no campamento de refuxiados de al-Maghazi, no centro da Faixa.
Non foron reportadas vítimas.