Maduro e Castro reúnense e denuncian o xenocidio de Israel contra o pobo palestiniano

A reunión prodúcese nun momento politicamente delicado para Maduro. 

Fidel Castro e Nicolás Maduro

O xenocidio que sofre o pobo palestiniano a mans de Israel foi o tema central da reunión mantida na Habana por Nicolás Maduro e o líder histórico da Revolución cubana, Fidel Castro.

Castro aproveitou o encontro para parabenizar Venezuela por estar a despregar accións humanitarias en beneficio do pobo palestiniano, xusto no momento en que transcendía que un mísil israelita impactaba perto da misión venezuelana en Gaza.

Nun artigo publicado en CubaDebate.Cu, Fidel Castro revela que na cimeira parabenizou Maduro "polo que estaba a facer polo pobo mártir da Franxa de Gaza".

O apoio emprestado por Venezuela a Palestina non lle está a saír debalde ao goberno de Maduro, segundo a análise de Fidel Castro: "Son coñecidas as medidas púnicas do imperialismo contra ela [Venezuela] desde que tentaron derrocar a Chávez co apoio da oligarquía fascista de Venezuela".

Política interna venezuelana

É inevitábel realizar unha leitura deste encontro en chave de política interna venezuelana, levando en conta que nos últimos meses se teñen rexistado tensións entre as diferentes sensibilidades do movimento bolivariano. Coa cimeira con Castro Maduro envía a inequívoca mensaxe de que o seu proxecto continúa a ter unha orientación cara ao socialismo.

Comentarios