Máis de 10 millóns de sinaturas exixen que Turquía libere Öcalan

Os apoios, recollidos polo movemento kurdo durante dous anos ao redor de todo o mundo, preséntanse perante o Consello de Europa, do que o estado turco fai parte desde 1949.

curdistán ocallan

É unha das recollidas de sinaturas máis masivas da historia, como afirma Nationalia. Máis de 10 millóns trescentas mil sinaturas logradas polo movemento curdo por todo o mundo durante dous anos para apoiar a demanda de liberdade de Abdullah Öcalan, líder do Partido dos Traballadores de Curdistán (PKK), preso en Turquía desde a súa detención en Nairobi (Kenia) en 1999. Esas rúbricas preséntanse perante o Consello de Europa. O estado turco fai parte do Consello desde 1949. E entre as funcións deste organismo está a de velar polo cumprimento dos dereitos humanos e dos dereitos das minorías nacionais.

Nun comunicado, a KCK, Unión de Comunistas do Curdistán, a estrutura que agrupa o PKK e organizacións afíns, afirma que agora a bola está no tellado do Consello de Europa, que “ten unha responsabilidade diante dos millóns de persoas que suscribiron esta petición”.

Öcallan está en cadeas turcas desde a súa detención en África, nunha operación conxunta dos servizos secretos de Estados Unidos e Turquía. O líder do PKK hai anos que traballa por unha solución negociada ao conflito armado entre PKK e Turquía que leve a un acordo de paz e o recoñecemento dos dereitos políticos, culturais e lingüísticos para as e os curdos.

Newroz

Segundo informa Nationalia, os medios curdos e turcos especulan coa posibilidade estes días de que se produza algún tipo de pronunciamento de Öcallan co gallo do Nëwroz (Aninovo kurdo), o 21 de marzo. Hatin Dicle, co-presidente do DTK (Congreso da Sociedade Democrática, rede de partidos e organizacións da sociedade civil curda) o anuncio podería ser “histórico”.

Comentarios