Máis de 124.000 sinaturas piden ao goberno polaco que recoñeza @s silesi@s

Demandan o seu recoñecemento como pobo para poder dar pasos para o seu propio auto-goberno. 

silesios
photo_camera Mobilización pro-autonomista

A Lei das minorías polacas inclúe tártaros, ciganos ou lemkos. Mais non silesios, malia que 850.000 habitantes en Polonia se reclamaren desa nacionalidade (dados do censo 2011. No de 2002 eran 174.000). Non ter ese recoñecemento implica que @s silesi@s non podan ter moita marxe de acción na construción dun auto-goberno, obxectivo polo que loitan diferentes organizacións políticas e sociais desde hai décadas.

Unha iniciativa demandando a Varsovia que modifique a Lei de minorías para recoñecer @s silesi@s reuniu máis de 124.000 sinaturas, informa Nationalia. Unha cifra que se deu a coñecer esta fin de semana durante a marcha de 5.000 persoas que decorreu en Katowice pedindo o auto-goberno de Silesia. Esta manifestación pro-autonomía decorre anualmente, e na deste ano tomaron parte representantes da ALE, Alianza Libre Europea.

Polonia multi-nacional

En Polonia hai un forte nacionalismo polaco, asentado sobre a crenza de que son unha nación única, homoxénea e xunguida polo cemento do catolicismo. Mais hai un certo discurso multinacional a se abrir camiño. Silesia, Kashzubia, ou ben @s lemk@s, tá[email protected]én reclaman o seu recoñecemento.

Comentarios