Miles marcharon en Nantes pola reunificación da Bretaña

A manifestación para demandar ‘’o dereito a decidir’’ fronte á división territorial marcada por París e que separa este país reúne a perto de 15.000 persoas.

Breizh

Por unha Bretaña reunificada e polo dereito a decidir. Baixo esta chamada marcharon en Nantes a pasada fin de semana perto de 15.000 persoas (segundo a organización, a Policía rebaixa a cifra a 9.000). @s manifestantes demandaban un referendo para que o Loira Atlántico poida separarse da rexión de País e reunifircarse con Breizh (Bretaña), na que estaba historicamente.

A marcha estaba convocada por Bretagne Réunie e Breizh=44 e apoiada por diferentes colectivos e entidades culturais, sindicais, políticas e sociais. París encentou unha proposta de reforma territorial da República que, porén, mantén o ‘status quo’ a respecto de Breizh, separando artificialmente este país entre dúas rexións.

Desde o nacionalismo bretón estase a pular porque o debate sobre a reunificación non se desligue da demanda de maiores cotas de autogoberno.

“Ao servizo da cidadanía e a prosperidade”

O nacionalismo aposta por unha reforma territorial “de espazos culturais, económicos e humanos, ao servizo da cidadanía e da prosperidade”, cunha Breizh unificada (4,4 millóns de habitantes), con capital en Brest e con Nantes e Rennes como principais cidades.

Comentarios