Morreu, con 102 anos, o lendario xeneral Giap, heroe da independencia vietnamita

Vo Nguyen Giap, patriota vietnamita, comunista, estratega intelixente n(o que lle recoñeceron mesmo os estadounidenses e franceses que combatiu). “Cando era novo soñaba con ver o meu país libre e unificado. E a miña vida adicouse a cumprir o sono”.

giap
photo_camera giap

Tiña 102 anos. E era unha lenda, mesmo un mito. Comunista e patriota vietnamita foi, con Ho Chi Min, un dos rostros que encarnou a loita dun pequeno país asiático contra os grandes imperiores pola súa liberdade. Liderou aos combatentes vietnamitas en Dien Bien Phu, a batalla que fixo poñer o xeonllo no chan aos franceses e marcou o final da dominación colonial de Francia sobre este país.

Giap comandou as forzas norvietnamitas contra o exército de Estados Unidos na Guerra de Vietnam. O estado máis poderoso do mundo mandou centos de milleiros de soldados a este pequeno país, mais non foi quen de derrotar a 'Charlie' (así denominaban os estadounidenses ao Vietcong).

Ofensiva do Tet

En 1968 Giap desencadeou o que foi coñecida como 'Ofensiva do Tet' , unha actuación decisiva para o devir da guerra e que sentou as bases para a derrotar de EUA. O 30 de abril de 1975, Saigón (capitán de Vietnam do Sur) foi recuperado polos vietnamitas e marcou pasou ser Ho Chi Minh City.

No Vietnam independente e comunista, Giap foi ministro de Defensa até 1980. Mais ante todo foi, recoñecen familiares, amigos e compañeiros de armas, “un home que todos os díasdabe grazas por ver feito o soño que tiña de novo de ver un Vietnam libre e unido”.


 


 

Comentarios