19:00 |
Sergi Sabrià, portavoz de ERC no Parlament insistiu esta cuarta feira en que o único candidato que consideran que pode aspirar á presidencia da Generalitat é Carles Puigdemont. |
18:24 |
A Fiscalía prevé actuar pola mobilización desta terza feira perante o Parlamentconvocada pola ANC e os denominados Comités de Defensa da República (CDR), que acabou con tensión cos Mossos d’Esquadra, que procederon a deter dúas persoas. |
12:31 |
"Non me acovardarei nin retrocederei" afirma Carles Puigdemont nunha mensaxe nas redes sociais. "Son periodista e sempre entendín que hai límitess, coa privacidade, que nunca se han de violar. Son humano e hai momentos que tamén dubido. Tamén son o president e non me acovardarei nin retrocederei, por respecto e compromiso coa cidadanía e co meu país. Seguimos". |
11:40 |
O avogado de Comín, sobre as mensaxe de Puigdemont: "Son conversas fóra de contexto e obtidas de forma ilegal".O ex-conseller de Sanitat estuda presentar unha querela contra Telecinco por difundir as mensaxes Puigdemont. |
11:00 |
Puigdemont, nunha suposta mensaxe a Toni Comín (deputado de ERC exiliado en Bruxelas): "Isto rematou. Os nosos sacrifícanme". El Programa de Ana Rosa (Tele 5) fai pública o contido dunha suposta fotografía do móbil de Comín mentres escribía con Puigdemont. "O plan de Moncloa triunfa. Só espero que grazas a isto podan saír todos do cárcere”.Laméntase o candidato de JxCat, supostamente, que "volvemos vivir os últimos días da Catalunya republicana". |
10:40 |
Albert Rivera (Cs): "Os independentistas teñen maioría para gobernar catalunya, non para destrozar España". O líder de Ciutadans critica nunha entrevista radiofónica o ministro de Interior porque os Mossos non evitaron que se "asaltase" o Parlament. |
10:00 |
Carles Riera (CUP), advirte que o seu grupo sentarase a negociar con Junts per catalunya e ERC só "se están as tres partes e se hai unha convocatoria firme de pleno sobre a mesa", após que o president do Parlament adiase o pleno. Unha decisión que Riera cualifica como "tomadura de pelo". |
09:50 |
"A democracia non se adía nin se suspende". O líder de Junts per Catalunya, Carles Puigdemont, publicou na noite desta terza feira un vídeo nas súas redes sociais no que critica contundentemente a decisión do president do Parlament, Roger Torrent, de retrasar o pleno de investidura até coñecer a decisión do Constitucional sobre admitir ou non a trámite o recurso do goberno español contra o nomeamento do candidato. Na súa mensaxe, Puigdemont demanda unidade ao independentismo e insiste que "non hai outro andidato posíbel". |
Directo: "Son humano, ás veces dubido mais non retrocederei"
A decisión de Torrent de adiar o pleno de investidura evidencia diferenzas no independentismo sobre a estratexia a seguir.