OCDE advirte que España será o estado do mundo desenvolvido con máis desemprego

Cun 25%  de paro en 2012 e 2013 aventaxará a países como Portugal e Irlanda
Ángel Gurria, secretario xeral da OCDE
photo_camera Ángel Gurria, secretario xeral da OCDE

A marca 'España' cotiza á baixa a nivel internacional en todo o que non sexa fútbol. Pasada a euforia de "la Roja" que contaxiou aos xornais estranxeiros, con portadas gabando o xogo e vitoria da selección na Eurocopa, esas portadas dos principais medios internacionais volven referirse a España para reflexar a situación de afundimento que vive este membro da UE a nivel financeiro, económico e laboral. E referente a este último aspecto, o laboral, a Organización para o Desenvolvemento e a Cooperación Económica (OCDE) vén de presentar un estudo de 250 páxinas no que España fica como adoita facelo en Eurovisión: En moi mal lugar.

España terá un 9 por cento máis de paro que Portugal, e case un 5% máis que na Grecia

Así, no informe advírtse que en 2012 e 2013, o Estado español presentará as máis altas taxas de desemprego dos países desenvolvidos, en torno ao 25 por cento. Ou sexa, un de cada catro cidadáns do Estado. Moi por riba de países que, como Portugal ou Grecia, o discurso oficial español presenta como que están nunha situación verdadeiramenmte calamitosa, moito peor que a española.

Diferenzas

A media do paro entre os países da, por chamala dalgún xeito, zona OCDE presentará nos vindeiros meses fendas non vistas até o de agora. Mentres Estado español e, en menor medida, Grecia, Portugal e Irlanda presentan taxas de desemprego altas (25, 21,6; 16,3 e 14,2 por cento), Alemania rexistrará un 5,2%. Con case que pleno emprego (entre 3,5 e 5 por cento de paro), están países como Austria, Noruega ou Holanda, entre outros.