Oriol Junqueras será o cabeza de lista de ERC nas eleccións europeas

O líder independentista, que en breve fará 1 meses preso, afirma nunha carta que “é o mellor xeito de denunciar o retroceso democrático e represión do Estado español”.

ORIOL JUNQUEWRAS

Oriol Junqueras vai ser o candidato de ERC nas eleccións do vindeiro mes de maio ao Parlamento europeo. Así o anunciou este sábado Pere Aragonés, vicepresidente da Generalitat e adxunto á presidencia de Esquerra ao dar leitura á carta do líder independentista preso.


“Presentarme en Europa é o mellor xeito de denunciar o retroceso democrático e represión do Estado español”, dise na misiva. “Podemos volver gañar á represión coa nosa mellor arma: a democracia. Estamos dispostos a dalo todo pola democracia, os dereitos civís e a soberanía do pobo de Catalunya”.

En breve Junqueras vai facer 11 meses en prisión. Na carta afirma que "Continúo absolutamente orgulloso do que o noso pobo fixo naquel día [polo 1 de outubro]. Fixo un referendo e quixeron un cambio político para o meu país non é ningún delito". 

Oriol Junqueras foi deputado no Parlamento europeo entre 2009 e 2012.


 


 

Comentarios