O 'Si' pola independencia de Escocia faise oco entre @s indecis@s

O último inquérito publicado reflicte o avanzo do movemento independentista que gaña posicións a respeito do unionismo. 

Wings Over Scotland fixo pública a última enquisa arredor do referendo de autodeterminación que terá lugar en Escocia en setembro. No inquérito, o apoio á independencia gaña posicións entre @s indecis@s e acurta a distancia entre soberanistas e unionistas, a porcentaxe máis baixa desde que foi asinado o Tratado de Edimburgo. 
 
 Neste senso, o 'Si' acada xa o 47% dos apoios face o 53% das persoas que se amosan favorábeis ao mantemento de Escocia no Reino Unido. Segundo @s expert@s, de continuar adiante esta tendenza na recta final cara o referendo, no mes de setembro Escocia podería tornarse independente. 

Comentarios