Putin ordena un alto ao fogo durante 36 horas

Moscova instou a Kíiv a que tamén declare unha tregua nestas datas, "dado o gran número de cidadáns ortodoxos que viven nas zonas de conflito".
O presidente ruso, Vladimir Putin, nunha videoconferencia (Foto: Mikhail Metzel / Planet Pix via ZU / DPA).
photo_camera O presidente ruso, Vladimir Putin, nunha videoconferencia (Foto: Mikhail Metzel / Planet Pix via ZU / DPA).

O presidente ruso, Vladímir Putin, ordenou esta quinta feira ao ministro de Defensa do país, Serguéi Shoigú, declarar un alto do fogo desde o mediodía do 6 de xaneiro até as 24:00 do 7 de xaneiro (hora das zonas en conflito), é dicir durante o Nadal en base ao calendario ortodoxo.

Neste contexto, Moscova instou a Kíiv a que tamén declare unha tregua nesta data. "Dado o gran número de cidadáns ortodoxos que viven nas zonas de conflito, pedimos á parte ucraína que declare un cesamento do fogo e permita asistir aos oficios tanto en Noiteboa como en Nadal", reza o comunicado publicado polo Kremlin.

Previamente esta xornada, o patriarca Kiril, cabeza da Igrexa ortodoxa rusa, pediu un cesamento ao fogo e unha tregua do Nadal para que os crentes ortodoxos poidan asistir aos servizos relixiosos.

Pola súa parte, o asesor do xefe da Oficina presidencial ucraína, Mijaíl Podoliak, cualificou os chamamentos dun cesamento do fogo de "unha trampa cínica e un elemento de propaganda".

Comentarios