O goberno francés avanza na aprobación da reforma laboral malia a oposición popular e a propia división interna no seo do grupo socialista.
Após activar o artigo 49.3 da Constitución que autoriza o executivo a paralizar o debate parlamentar e aprobar vía decreto lei a reforma, ningunha forza política conseguiu reunir as sinaturas necesarias para presentar (nun prazo de 24 horas) unha moción de censura contra o goberno de François Hollande polo que a tramitación parlamentar continúa adiante.
Neste senso, a reforma volve agora ao Senado, se nesta Cámara atopa reticencias, será devolta de novo á Asemblea Nacional para a súa votación definitiva e que está prevista para o 20 de xullo. Nesa sesión o executivo francés podería volver a usar o 49.3.