Sobreviventes dos campos de exterminio nazis cualifican de ‘’xenocidio’’ o que Israel fai en Gaza

Corenta sobreviventes do Holocausto e 287 familiares publican un manifesto no que condenan ‘’o masacre de palestinos’’ na franxa así como a “colonización e ocupación’’ de Palestina.

Gaza palestina

Son as voces que máis teme escoitar o goberno de Israel. As dos xudeus sobreviventes aos campos de exterminio nazis que denunciar e critican as políticas israelitas de ocupación e ataques para con Palestina. A Rede Internacional Xudaica Anti-sionista (Rija) publicou no xornal estadounidense New York Times un anuncio de pago, asinado por 40 sobreviventes do Holocausto e case 290 descendentes e familiares, no que cualifica de “xenocidio” o que Israel está a facer en Gaza.

“Como sobreviventes e descendentes de sobreviventes xudeus e vítimas do xenocidio nazi, nós condenamos inequivocamente o masacre de palestinos en Gaza e a contínua ocupación e colonización da Palestina histórica", di o manifesto. No mesmo fan, aliás, un chamamento á fin do bloqueo sobre Gaza e apoian un boicote internacional a Israel. Gaza leva sufrindo un férreo bloqueo desde 2007 e despois de que en 2006 nunhas eleccións democráticas pedidas e alentadas por EUA e UE, Hamas gañara o poder. Tamén o goberno de Exipto, que odia a Hamas tanto como o goberna israelita, mantén o peche do paso fronteirizo con Gaza.

Máis terror

Benjamin Netanyahu avisou que a operación militar contra Gaza podería continuar durante setembro, sen que a morte de civís e crianzas palestinas lle faga recapacitar. O número de palestin@s mortos nesta ofensiva israelita supera os 2.100.

Comentarios