O Tribunal Supremo venezolano certifica a vitoria electoral de Nicolás Maduro nas presidenciais

A oposición non recoñece o veredicto.

O presidente de Venezuela, o progresista Nicolás Maduro. (Foto: Presidencia de Venezuela / Europa Press / Contacto)
photo_camera O presidente de Venezuela, o progresista Nicolás Maduro. (Foto: Presidencia de Venezuela / Europa Press / Contacto)

A presidenta da Sala Electoral do Tribunal Supremo de Xustiza de Venezuela, Caryslia Rodríguez, leu a quinta feira a sentenza sobre a investigación arredor do escrutinio dos comicios presidenciais do 28 de xullo, que valida os resultados ofrecidos polo Consello Nacional Electoral (CNE), que deron a vitoria ao actual presidente, o progresista Nicolás Maduro.

Rodríguez debullou a peritaxe que efectuaron, que subliñou, ratificou que os resultados do CNE proceden das actas de escrutinio das máquinas de votación, e instou o organismo a publicar os resultados disgregados dentro do prazo legal de 30 días tras as votacións.

Antes de facerse público o veredicto, o candidato conservador Edmundo González, que non presentou as supostas actas electorais no seu poder ao tribunal despois de asegurar que se impuxera nas eleccións e culpar Maduro de fraude, asegurou que a Sala Electoral “non está facultada en circunstancia algunha para exercer as funcións que está a exercer”, sostendo que supón unha violación da separación de poderes públicos que recolle a Carta Magna.

Comentarios