Toma corpo a creación da ferramenta unitaria do soberanismo occitano, Asemblea Nacional Occitana (ANOC)

Partidos, organizacións, colectivos e movementos reúnense para crear un instrumento "popular, unitario, plural e democrática" no que aunar forzas "polo recoñecemento da nación occitana" e a súa auto-determinación. 

Occitano

Partidos, colectivos e asociacións de Occitania (territorio baixo soberanía francesa) están convocados para unha xuntanza esta sexta feira na que sentar bas bases para a creación da Asemblea Nacional Ocitana (ANOC), segundo informa Nationalia. Será un acto aberto a todos os actores do occitanismo e á cidadanía co obxectivo de construñir "unha organización unitaria, plural, democrática e popular" que procure "o recoñecemento da nación occitana e do seu dereito á auto-determinación". A meta da ANOC é, sinalan, atinxir a independencia baixo a forma "dun estado de dereito, democrático, social e ecolóxico".

Segundo a información de Nationalia, ANOC quer reunir un "entorno de consenso" de todas as forzas vivas do occitanismo político, "sexan autonomistas ou independentistas", en palabras de Ciril Joanin, unha das persoas promotoras da Asemblea. Até o de agora confirmaron a súa asistencia a esta xuntanza representantes de Liberdade, Partido da Nación Occitá, ADOC, Iniciativa por Occitania, CAOC e independentes, entre outros.

Comentarios