Torrent suspende a votación do pleno após as ameazas do goberno español

O executivo de Rajoy ameaza o president da Cámara con accións se mantén a sesión de investidura. Torrent inicia a sesión cunha mensaxe aos líderes independentistas presos e exiliados: "Non descansarei até que esteades en casa".

DZDFh8YX0AA-7qK

O president do Parlament, Roger Torrent, decidiu suspender a votación do pleno deste sábado. Así o vén de trasladar na xuntanza cos grupos parlamentares antes do inicio da sesión, prevista como segunda volta da investidura de Jordi Turrull, ao que  esta sexta feira a o Supremo enviou a prisión. O goberno español ameazara Torrent con estudar accións se mantiña o pleno, por considerar que ía contra a doutrina do Tribunal Constitucional.

A primeira hora da mañá as formacións unionistas representadas na Cámara catalá reclamaron a suspensión desta segunda volta do pleno. Unha hora antes do inicio do mesmo, fontes de Moncloa advertían de que manter o pleno podía conlevar accións contra o presidente do Parlament. 

Comentarios