Trump: o millonario contraataca no segundo debate

Ameaza con encarecerar Hillary Clinton e convida ao debate a catro mulleres que acusan o marido da candidata demócrata e ex-presidente, Bill Clinton, de abusos sexuais.

Trump Hillary
photo_camera Trump Hillary

Donald Trump saíu vivo do seu segundo debate con Hillary Clinton, unha cita á que chegaba contra as cordas por mor do vídeo de hai unha década e publicado polo Washington Post nestes días e no que o candidato republicano realizaba comentarios machistas e ofensivos sobre as mulleres. Unha gravación que lle acarreu fortes críticas mesmo desde as súas propias fileiras.

O multimillonario chegaba, pois, a este debate en Sant Louis (Missouri) no seu momento máis baixo. Por iso quizás optou pola máxina de que non hai mellor defensa que un bo ataque e a iso se adicou con fruición. Antes do debate daba unha rolda de impresa acompañado de catro mulleres que acusaron Bill Clinton de acoso sexual. Unha delas, J. Broaddrick, afirma que foi violada en 1978 polo marido da actual candidata demócrata e que Hillary lle agradeceu que naquel entón ficase calada. Non contento con isto, Donald Trump levou estas 4 mulleres ao debate. Unha baza que empregou xa no debate con Hillary: a min acúsanme de palabras lascivas nunha conversa de vestiario mais o seu marido, Bill Clinton, cometeu delitos, veu dicir.

O debate, de hora e media, comezou sen que os dous contendentes se desen a man. Mostra do nivel de enfrontamento que se vive nesta campaña, e que Trump volveu elevar no debate ao ameazar Hillay con prisión polos correos electrónicos privados que esta remitiu cando era secretaria de estado entre 2009 e 2013.

De por parte, Hillary empregou a baza de presentar Donald Trump como unha persoa incapaz de exercer un cargo coas responsabilidades que implica ser presidente dos EUA. Atacou Trump por non pagar impostos, mais tamén o acusou de simpatizar coa Siria de Assad e a Rusia de Putin. Non é a primeira vez que a demócrata carga contra o republicano por eses apoios. Trump ten respondido que a folla de servizos de Hillary en asuntos exteriores non a fai a máis acaída para dar leccións.

Foi un debate tenso e bronco, como se agardaba. Mais rematou cun momento de tregua. Un asistente pediu a cada un dos dous contendentes que dixese algo bo sobre o outro. Hillary falou dos fillos de Trump. Este, destacou que Hillary é unha muller que nunca se rende.

Os medios estadounidenses destacan que Donald Trump sobreviviu, saíu vivo do mesmo, se bentamén todos cloinciden en que perdeu o debate. Unha sondaxe da CNN di que para o 57% dos enquisados Hillary foi a vencedora mentres que Trump gañou só para o 34%. Ora ben, ese mesmo inquérito indicaba que as persoas consultadas sinalaban que Trump mellorou a respecto do primeiro debate.

Comentarios