Trump ve estúpido o acordo de Obama con Australia para acoller persoas refuxiadas

Corta unha chamada telefónica con Canberra.

Donald Trump EUA

O presidente norteamericano e o líder australiano conversaron esta fin de semana sobre o acordo entre EUA e Australia para relocalizar refuxiados. A duración da chamada telefónica estaba pensada para unha hora, mais Trump rematouna aos 25 minutos. O presidente anunciou a través de Twitter o balance do diálogo, onde se referiu aos refuxiados como “inmigrantes ilegais”.

Durante a chamada, o presidente norteamericano, que estivo acampañado por Stephen Bannon, dixo ao primiero ministro autraliano, Malcolm Turnbull, que era a peor chamada que tivera cun líder internacional e que só aquel día xa falara con catro, onde se inclúe o presidente Ruso, Vladimir Putin, detalla o Washington Post. "Cren nisto? A Administración Obama concordou recibir miles de inmigrantes ilegais de Australia. Por que? Vou analizar este acordo estúpido” escribiu Trump.

Segundo fontes do Washington Post, o presidente norteamericano rexeita o compromiso asinado por Obama, no que acordou  recibir 1250 refuxiados (a maioría do Sri Lanka, Paquistán, Bangladesh, Somália, Irán e Iraq que foxen de zonas de conflito) actualmente en centros de detención australianos, nas illas de Nauru e Manus, cuxas condicións deshumanas xa foron denunciadas polas Nacións Unidas. No entanto, Australia recibiría refuxiados de El Salvador, Guatemala e Honduras.

Algunhas das nacionalidades son as mesmas afectadas polo decreto presidencial aprobado por Trump, que suspende durante 90 días a concesión de visados a calquera cidadán do Iraq, Siria, Irán, Sudán, Libia, Somália e Iemen. Mais esta non é unha decisión que afecte o acordo internacional, unha vez que, escribe o mesmo xornal norteamericano, o decreto presidencial incluía unha cláusula que excluía “acordos internacionais pre-existentes”, o que protexía especificamente o acordo con Australia.

Comentarios