"Leonor marcha de España, como o seu avó". Isto era o que se podía ler no cartel que acompañaba a información de hoxe en ‘La hora de La 1’ de TVE, na información sobre o feito de que unha das fillas de Filipe VI marche estudar a un colexio privado de Gales, UWC Atlantic College. Un rótulo no que tamén se fai referencia á fuxida do avó de Leonor, Juan Carlos I, rei emérito de España, a Abu Dabi despois de coñecer que estaba sendo investigado por delitos fiscais no Estado español e Suíza.
A noticia causou polémica, até que Rosa María Mateo, administradora única provisional de RTVE, anunciou a destitución do cargo dos responsábeis "deste erro"
Nun comunicado, a televisión pública española dixo que era unha "grave irresponsabilidade" que non podía desdebuxar o "indestructíbel compromiso" de RTVE na defensa dos valores constitucionais e das institucións do Estado, "entre as que se atopa a coroa".
A casa real española afirma que o gasto de Leonor en Gales -de 76.453 euros anuais- correrá a cargo do orzamento destinado á Casa Real (que se nutre con fondos públicos) e informou de que a incorporación ao instituto está prevista entre finais de agosto e setembro deste ano.
La Administradora Provisional única de RTVE, Rosa María Mateo, lamenta profundamente el grave error que se ha producido en 'La hora de La 1' (@LaHoraTVE) en un rótulo sobre la princesa Leonor. https://t.co/ANRnld8pAy
— RTVE Comunicación (@RTVE_Com) February 10, 2021